BENVIDO AO NOSO ANAQUIÑO DE PARAISO
Que é Alalá?
Somos unha empresa de organización de actividades turísticas nunha das zonas máis fermosas de Galicia, a máxica Costa da Morte. Somos referente do que definimos como Turismo de Realidades, mostrando a nosa terra de maneira real e en estado puro, sen artificios. Natureza, a beleza do rural, as costumes, a gastronomía, a música ou o patrimonio histórico.
Grazas a Alalá poderás gozar nas túas vacacións de actividades en plena natureza, vivindo a Galicia máis tradicional e artesanal. Pero tamén hai espazo para as novas tecnoloxías, para os afeccionados aos deportes ou para os que buscan un ambiente tranquilo e acolledor.
En Alalá Terra e Sons propoñémosche unha serie de programas que abarcan campos como o turismo recreativo, o deporte, a ciencia, as artes, a artesanía ou simplemente o tempo de descanso. Confía en nós para gozar das mellores actividades!
Vive unha experiencia única en Alalá
Quenes somos?
Alalá Terra e Sons está xestionada por un equipo de persoas namoradas de Galicia, que traballan para que ti e os teus familiares gocedes das bondades da Costa da Morte cunha serie de actividades enfocadas en varias disciplinas. Gústanos coidar dos nosos clientes co trato hospitalario habitual do pobo galego, atendendo o mellor posible as necesidades que xurdan nas actividades. Mostrarémosche a Galicia real, a que coñecemos desde pequenos, unha terra máxica que nos marcou e que che chegará ao corazón.
Alalá e o seu entorno rural: todo o que poden ofrecerche
▷ Aloxamiento rural en Cabana de Bergantiños
Alalá é un aloxamento rural enfocado principalmente a grupos e a ofrecer todo tipo de actividades no entorno rural da comarca de Bergantiños. Por iso, se buscas un albergue en Cabana de Bergantiños no que poder gozar das mellores paisaxes ou un lugar no que vivir bos momentos xunto á familia e amigos, este é o destino ideal.
Viaxar supón a procura insaciable de recunchos especiais, e a realidade é que en Cabana de Bergantiños hai moito que ver. Imos atopar lugares moi especiais, como a casa de Eduardo Pondal ou unha das máis pequenas torres medievais que vixiaban o condado de Penela. O entorno de Cabana de Bergantiños ábrenos a porta para coñecer os lugares máis máxicos e espectaculares do noroeste da Península; un plan perfecto se queres facer turismo en Galicia.
▷ Rutas arqueolóxicas: o Dolmen de Dombate e moito máis
Os apaixonados do rural e profundos coñecedores desta terra coincidirán en que o Dolmen de Dombate é un dos puntos máis interesantes a nivel turístico da zona. Situado a poucos quilómetros de Cabana de Bergantiños, sitúase este impoñente monumento megalítico, clave para gozar da gran beleza desta comarca coruñesa.
Por suposto, non é o único lugar con maxia e esencia propia da zona; seguindo o camiño marcado polas rutas arqueolóxicas, podemos descubrir lugares tan espectaculares como a Capela do Briño, un cruceiro de dobre imaxe único. Para aqueles que desexen vivir a esencia das grandes batallas, non deben esquecerse do Castro de Cidá de Borneiro, un dos puntos de interese máis singulares debido á súa posición.
▷ O Camiño dos Faros: sendeirismo cheo de maxia
O aloxamento rural de Alalá atópase emprazado en pleno Camiño dos Faros, unha das rutas de sendeirismo máis especiais do norte da península e que une Malpica con Finisterre pola beira do mar. A ruta de Camiño dos Faros ten o mar como gran protagonista polas súas espectaculares vistas; percorréndoo teremos a posibilidade de regalarnos a vista con algúns dos faros máis importantes da zona.
O Camiño dos Faros e as súas etapas bríndannos todo tipo de puntos de interese imprescindibles, desde dolmens ata vilas mariñeiras. Trátase de todo un conxunto que forma parte dunha das rutas de sendeirismo máis destacadas, levando aos camiñantes a un amplo mundo de sensacións.
▷ Turismo en Costa da Morte: vacacións rurais en Galicia
A Costa da Morte é un dos emprazamentos máis máxicos para planificar unhas vacacións de turismo rural en Galicia. Trátase dun de puntos máis destacados da nosa terra se falamos de patrimonio histórico. Dentro do turismo de Costa da Morte atopamos lugares tan máxicos como xacementos ou conxuntos arqueolóxicos que nos convidan a soñar con tempos pasados.
O turismo rural en Costa da Morte convídanos a practicar todo tipo de actividades ao aire libre, como o sendeirismo, que nos levará a descubrir lugares tan sorprendentes como a Fornela dos Mouros. Para aqueles interesados en realizar actividades en grupo nas súas vacacións e coñecer algúns dos segredos máis máxicos da comarca de Bergantiños, en Alalá atoparás unha ampla selección de actividades para todas as idades.