SOBRE NÓS

Unha familia namorada da terra

O nome da empresa Alalá Terra e Sons S.L é a mellor carta de presentación da nosa filosofía, oríxenes e as sensibilidades que fixeron nacer o fin último que persegue. Unha idea que naceu das zonas de Galicia que non se atopan nos itinerarios máis coñecidos da Costa da Morte, Ferrolterra e Ortegal.

Esta situación levounos a crear esta empresa para convertela nun modo de vida, unha forma de mirar para o mundo e as súas xentes con respeto e disfrutando. De ahí o nome de Alalá, un cantar de fondo como ningún outro cargado de pura emoción.

Levamos 8 anos hospedando na nosa casiña no campo
Comprometidos co medio ambiente
Implicámonos o 100% para ofrecer experiencias inesquecibles

O nome da empresa completase con Terra, nosa Galicia. Un lugar único no mundo, un inmenso paraíso no que temos a sorte de vivir e mostrar ao viaxeiro. Sons completa o nome, os sonidos do mar, os ríos e o zumbido do vento xunto coa música e os cantares das nosas festas.

Todo o exposto define o noso proxecto como empresa e un concepto que nos define: queremos ser o referente do que definimos como Turismo de Realidades, unha frase que nos define á perfección. Queremos ensinar a nosa terra de maneira real, en estado puro e sen artificios.

O Turismo de Realidades que defendemos xunta o tradicional e o moderno, a innovación e a artesanía, a natureza, os deportes e como non, os Camiños; esos camiños para percorrer Galicia polos seus recunchos.

Queremos que os viaxeiros nos visiten e disfruten da nosa natureza, a beleza e forza do rural, dos costumes, a gastronomía, a música e o noso patrimonio histórico. Para poder levar a cabo estes obxectivos, Alalá Turismo propón toda unha serie de programas e actividades que abracen campos como o lúdico, deporte, ciencia, artes, artesanía ou tempo de descanso.

Algunha dúbida?