Torre da Penela en Cabana de Bergantiños, Ben de Interese Cultural
Galicia é un dos lugares máis máxicos que podemos atopar. Despois de todo atopámonos cunha terra cargada de lendas, criaturas máxicas e todo tipo de paisaxes idílicos e incribles puntos de interese. En anteriores artigos comentámosvos algúns dos recunchos con encanto que debes visitar, pero hoxe imos centrarnos en Torre da Penela, un dos lugares con máis historia e de gran importancia na zona.
A historia de Torre da Penela
O antigo castelo foi fundado por Lope Bermúdez, quen estaba emparentado coa liñaxe dos Altamira debido ao seu matrimonio con Urraca de Moscoso. Esta impoñente estrutura formaba parte dunha rede de fortnificacións fronteirizas para a defensa da comarca de Bergantiños, polo que a súa historia resulta apaixonante.
Anos máis tarde da súa construción, a Torre pasou a ser patrimonio dos condes de Priegue, donos á súa vez da Torre de Celas de Peiro. Aínda que debemos indicar que o seu aspecto non sempre foi así, senón que en pleno século XVII levaron a cabo reformas que lle achegaron o actual estilo que a caracteriza e que lle achega ese aspecto de residencia palaciega.
Por que é un lugar de lenda?
A súa historia estivo moi presente ao longo dos anos, ata o punto de convetirse nunha das arquitecturas que lograron inspirar a dúas grandes lendas. Nunha delas dise que un cruceiro, o cal se sitúa a día de hoxe moi preto da torre, atopábase xusto antes da entrada da fortificación de modo que todo o que quixese pasar por diante quedaba libre dos seus perseguidores.
A outra lenda menciona que unha muller achegábase a este mesmo cruceiro, aínda que foi apresada xusto antes de chegar. A triste historia menciona que foi decapitada, polo que os aldeáns sentiron pena por ela. Por iso, por esa “Pena dela”, bautizouse á torre como “A Penela”.
Como chegar a Torre da Penela
Cunha lenda dunha muller que achega ese nome tan peculiar, é o momento de avanzar na información para poder coñecer como chegar a este espectacular lugar. Para iso, unha vez cheguemos a Ponteceso, debemos tomar a LC-423 cara a Agualada.
A partir de aquí, tras pasar o cruzamento de Beres e A Silvarredonda, debemos tomar un desvío á dereita cara a Baneira e A Penela. Neste punto atoparémonos cun lugar impoñente de planta cadrada e distribuída en dous pisos e un souto no cal se abre unha porta con arco de volta perfecta.
Imaxe de cabeceira de Jose Luis Cernadas Iglesias