Este programa reflicte á perfección a filosofía de xestión turística de Alalá
Xa sexa en solitario ou en compañía, poderás percorrer todo tipo de sendeiros que atravesan Galicia, convertendo a estas rutas nunha experiencia para os sentidos.
De Cabana a Valarés
Unha escapada con saída desde o albergue de Cabana de Bergantiños, pasando polo estuario de Anllóns e Monte Branco, chegando ata Valarés.
Triángulo da historia
Nesta ruta, partindo desde o albergue e camiñando polo borde do estuario, chegaredes ata o Rego dos Muiños, visitando polo camiño o Castro Borneiro, o Dolmen de Dombate e a Torre da Penela, formando así un triángulo cargado de Historia.
Peregrinaxe do norte
Unha extensa ruta con saída desde o Castelo de Moeche, ata San Andrés de Teixido. Unha etapa que está cargada de simbolismo e na que se realizarán paradas para tomar un refrixerio ou mesmo asistir a representacións teatrais.