O ENTORNO

Beleza paisaxística

En Cabana de Bergantiños podes disfrutar da ampla e variada beleza que ofrece esta paisaxe, dende incribles carballeiras e vales ata pequenas praias con augas tranquilas e area dourada. Unha mestura entre terra e mar que se unen nun dos lugares máis emblemáticos de toda Galicia: A Costa da Morte.

Patrimonio arqueolóxico

Ademais de todas as paisaxes especiais que se poden ver en Cabana de Bergantiños, podes descubrir restos históricos de aproximadamente 5.000 anos atrás. O Dolmén de Dombate é un monumento neolítico que atoparás neste municipio, considerado como a "catedral do megalitismo". Se o desexas, tamén terás a oportunidade de estar en contacto cun castro prerromano, xa que o Castro A Cidá é outro punto de interese que podes visitar.

Río Anllóns

O noso albergue está situado na beira da ría de Corme e Laxe, na desembocadura do río Anllóns. Neste río da rexión de Bergantiños, podes gozar da gran cantidade de espazos verdes que ten, ademais dun espazo ecolóxico chamado a ensenada da Ínsua e da navegación para diferentes deportes acuáticos. Outro aspecto a destacar é o paseo fluvial ao longo do seu percorrido, unha zona común de paso no Camiño dos Faros.

Ocio e relaxación

Se buscas unha experiencia que invita a relaxación e ao lecer, o noso albergue convértese na opción perfecta. Se queres relaxarte podes conseguilo con toda a natureza e o patrimonio que está a poucos metros. Por outra banda, cada 1 de agosto vivimos a gran romaría de Cabana de Bergantiños, unha festa declarada Interese Turístico de Galicia, que se celebra en San Fins do Castro. Case todos os nosos programas percorren as zonas máis emblemáticas deste concello: a ensenada da Insua, o Castro de Borneiro, o Dolmen de Dombate, a Torre da Penela e o Rego dos Muiños.

Algunha dúbida?