PROGRAMA ENREDA

Co Programa Enreda espéranche talleres destinados a todos aqueles que teñen a artesanía ou a pintura como unha paixón

Poderás fabricar instrumentos musicais, pintar, traballar con madeira e elaborar creacións incribles

Taller de instrumentos galegos

tradicionais de percusión

Neste taller terás á túa disposición todo un amplo repertorio de instrumentos de percusión tradicionais de Galicia. Coñecerás a súa orixe e, por suposto, tamén aprender a tocalos.

O taller do luthier

Convérteche nun mestre dos instrumentos musicais co taller do Luthier, e no que aprenderás desde a construción ata o axuste de instrumentos tradicionais de corda.

Taller de cultura urbán

Desde hai décadas os grafitis convertéronse en parte da cultura popular. Con este taller aprenderás os mellores métodos para realizar o teu propio grafiti pero tamén outras disciplinas como o Cap Paint ou o Stencil.

Talleres temáticos de materias primas

Aprende o manexo de materias primas como a talla de madeira, o traballo con coiro, pedra ou metal.

O taller do xogo

Constrúe algúns dos xoguetes galegos máis tradicionais.